Como xa saberedes este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Escritor en lingua galega e castelá .Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.
Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.
Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil.
Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76.
Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).
En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945).
A RAG, basea a súa decisión de homenajear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura".
Con motivo da celebración día das Letras Galegas e do Ano Internacional dos Idiomas proclamado pola ONU para o ano 2008 , no CPI de Mondariz imos celebrar un festival plurilíngüe , no que nenos e nenas e tamén algúns profesores van a recitar poemas en varios idiomas : galego, castelán , portugués , polaco , ruso , catalán e ata en lingua de signos .
Un saúdo.
0 comentarios:
Publicar un comentario