SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

lunes, 12 de mayo de 2008


Como xa saberedes este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Escritor en lingua galega e castelá .Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.

Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.

Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil.

Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76.

Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).

En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945).

A RAG, basea a súa decisión de homenajear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura".

Con motivo da celebración día das Letras Galegas e do Ano Internacional dos Idiomas proclamado pola ONU para o ano 2008 , no CPI de Mondariz imos celebrar un festival plurilíngüe , no que nenos e nenas e tamén algúns profesores van a recitar poemas en varios idiomas : galego, castelán , portugués , polaco , ruso , catalán e ata en lingua de signos .

Un saúdo.

Rincón da Poesía

jueves, 8 de mayo de 2008

Como xa supoño que saberedes , temos un pequeno rincón de poesía no noso centro , onde de forma semanal se poñen a vosa disposición poemas para ler e tamén e se vos gustaron , para levar para casa .

Deixovos aquí un pequeno exemplo :

UN HOME


Aprendeu a escribir no servicio militar.
A raia da súa sinatura
risca coma unlla que sulca o xelo no parabrisas dun tractor.

Pono nervioso o teléfono,
ese estraño que entra sen chamar á porta,
con zapatos de cidade,
e que o can non cheira.
Falar fala moi pouco.
A vida comeulle as palabras
ao tempo que agrandaba as mans.
Esas mans cavaron pozos e sostiveron tellados.
Nesas circunstancias cómpre ter a boca ben pechada..
Pero nin sequera así é capaz de ver matar o porco,
a única carne que lle gusta, mellor se está queimada.
O viño ten que ser barato,
e entón, cando o bebe en longos grolos,
penso que lle axuda a tragar
unha historia que xamais contará.
Cando mira o lume das achas na cheminea,
vai nun tren que atravesa a neve.
Colleríao da man, porque é o meu pai,
pero abráiano tanto as mostras de agarimo
coma o aire dun lobo.

Manuel Rivas, Costa da Morte Blues

UNHA VISITA AO CPI DE MONDARIZ

martes, 29 de abril de 2008

O pasado día 17 de abril tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial .

Elena Pardo Corominas , mestra de Educación Infantil da EEI de Valladares , que nos veu visitar ao noso centro e contounos cousas sobre a súa biblioteca , sobre como funciona e que cousas fan .
Deunos moitas ideas para traballar , trouxonos libros e contos moi interesantes . Ata nos contou un conto aos profes , " A que sabe a Lúa" , seguro que o coñecedes .
Esperamos poñer en práctica pronto algunha das súas propostas.


Aqui vos deixo unhas imaxes do que estivemos facendo.

miércoles, 16 de abril de 2008

CHEGADA DO VERME PAPALIBROS

Como xa supoño que sabedes , a nosa mascota xa chegou o CPI de Mondariz . Para iso todos xuntos preparamos un xardín moi florido para darlle a benvinda . A partir de agora este simpático verme vaivos acompañar nas vosas aventuras no mundo da lectura.

Tamén vos quero dicir que estamos a traballar nunha pequena sorpresiña da que pouco a pouco vos iredes enterando.

Un saúdo .

Proverbio Hindú

lunes, 7 de abril de 2008

Un libro aberto
é un cerebro que fala;
pechado , un amigo que espera;
esquecido, unha alma que perdoa;
destruído , un corazón que chora .


PASAPORTES LECTORES





Aquí os tedes , estes son os vosos pasaportes lectores , durante esta semana os titores iranos repartindo .

Como vedes teñen cores diferentes , coincidindo coa clasificación dos libros na Biblioteca , puxemos cada ciclo dunha cor .

Os nenos e nenas de Educación Infantil teñen o pasaporte de cor vermella , os de 1º ciclo de cor amarela , os de 2º ciclo de cor verde e por último os de 3º ciclo de cor azul .

Esperamos que vos gusten e que os usedes moito .




POR FIN TEMOS MASCOTA !!!

miércoles, 26 de marzo de 2008





Despois de todo este tempo de espera por fin vos podo anunciar que xa temos gañador do Concurso de Mascotas.

Non é outro cun feitiño verme de moitas cores que debuxou Irene de 4 anos , chamase " O VERME PAPALIBROS " .

Dende agora vai ser o encargado de axudarvos a devorar libros e mais libros da nosa Bibliomóbil .

E para darlle a benvida estamos a preparar un xardín moi florido no que o noso verme se sinta coma na casa ( estade atentos a entrada do cole ! )

Durante os próximos días vanse a repartir os PASAPORTES LECTORES da nosa Bibliomóbil , un para cada neno/a , nos que iredes apuntando os libros que leades cada semana , xa veredes que chulos son .

Se tendes un momentiño esta páxina está moi ben .

sábado, 8 de marzo de 2008

http://www.pequenet.com/libros/tema.asp

Concurso para elexir a mascota da Biblioteca do noso centro .

jueves, 6 de marzo de 2008

Para a elección da mascota da nosa biblioteca puxemos en marcha un concurso no que está a participar todo o alumnado . Aquí vos mostro algúns dos debuxos presentados .




Estes son algunhas das propostas , nos próximos días levarase a cabo a votación .
Cada un ten un número , así que votade polo que mais vos guste .








O gañador ou gañadora publicarase no blog a semana próxima .
Sorte a todos .





OS LIBROS VAN DE EXCURSIÓN

Moi pronto no CPI de Mondariz os libros van sair da biblioteca para achegarse aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria .

Estade atentos , pois tamén vos imos presentar a nova mascota da nosa biblioteca e algunha novidade mais .

Nos próximos días xa volo contaremos .

Ata pronto .

Celebra o Samaín dentro dun libro

martes, 30 de octubre de 2007

Ola de novo lectoras e lectores asustados polo Samaín. Durante este mes de novembro a Biblioteca do CPI de Mondariz saca os seus libros máis terroríficos ao pasillo, para morrer de medo mentras debullamos contos, novelas e outras historias nas que atoparemos bruxas, trolls, demos e algún que outro profesor enfadado.

Non o perdades. Levade os libros para casa que son para ler de noite ao abeiro dunha candea e co vento petando nas ventanas.

Inaugurado o novo blog da Biblioteca do CPI de Mondariz

martes, 9 de octubre de 2007

Xa estamos na rede, benvidos ao novo blog da biblioteca do CPI de Mondariz. Moi pronto recibiredes novas sobre o préstamo, novidades, e outros temas do voso interese relacionados co mundo da lectura.