UNHA VISITA AO CPI DE MONDARIZ

martes, 29 de abril de 2008

O pasado día 17 de abril tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial .

Elena Pardo Corominas , mestra de Educación Infantil da EEI de Valladares , que nos veu visitar ao noso centro e contounos cousas sobre a súa biblioteca , sobre como funciona e que cousas fan .
Deunos moitas ideas para traballar , trouxonos libros e contos moi interesantes . Ata nos contou un conto aos profes , " A que sabe a Lúa" , seguro que o coñecedes .
Esperamos poñer en práctica pronto algunha das súas propostas.


Aqui vos deixo unhas imaxes do que estivemos facendo.

miércoles, 16 de abril de 2008

CHEGADA DO VERME PAPALIBROS

Como xa supoño que sabedes , a nosa mascota xa chegou o CPI de Mondariz . Para iso todos xuntos preparamos un xardín moi florido para darlle a benvinda . A partir de agora este simpático verme vaivos acompañar nas vosas aventuras no mundo da lectura.

Tamén vos quero dicir que estamos a traballar nunha pequena sorpresiña da que pouco a pouco vos iredes enterando.

Un saúdo .

Proverbio Hindú

lunes, 7 de abril de 2008

Un libro aberto
é un cerebro que fala;
pechado , un amigo que espera;
esquecido, unha alma que perdoa;
destruído , un corazón que chora .


PASAPORTES LECTORES





Aquí os tedes , estes son os vosos pasaportes lectores , durante esta semana os titores iranos repartindo .

Como vedes teñen cores diferentes , coincidindo coa clasificación dos libros na Biblioteca , puxemos cada ciclo dunha cor .

Os nenos e nenas de Educación Infantil teñen o pasaporte de cor vermella , os de 1º ciclo de cor amarela , os de 2º ciclo de cor verde e por último os de 3º ciclo de cor azul .

Esperamos que vos gusten e que os usedes moito .